Magosto: 25 anos sendo Amigas da Terra!!!

Cargando eventos

Desde Amigas da Terra queremos celebrar que este ano cumprimos o noso 25 aniversario. É un fito que se conseguiu grazas ao incrible traballo e adicación das persoas socias, traballadoras, colaboradoras, activistas, voluntarias, achegadas, simpatizantes,…

En nome de todas as Amigas da Terra, agradecemos o voso apoio continuo e queremos celebralo convosco nunha festa típica da cidade na que este proxecto colectivo naceu:

O sábado 28 de outubro achégate ao Magosto de Amigas da Terra !!!

Porque a loita por un medio ambiente san e un mundo máis xusto para todas ten que ir acompañada da celebración da vida e de festexar a nosa traxectoria pasada, presente e futura

CANDO: sábado 28 de outubro a partir das 12:00 do mediodía

ONDE: Cervexaría O Moucho, Ourense

PROPOSTA:
12:00 Presentación da xornada (Raquel Fernández)

12:15 Repaso histórico sobre os principais éxitos medio ambientais nos últimos 25 anos en Galicia (Xulio López, fundador de Amigas da Terra)

12:30 Dinámica sobre experiencias activistas (Diego Salgueiro)

13:00 Debate sobre os principales retos ambientais en Galicia e activismo (Laura Casal y Patricia Iglesias)

14:30 Comida e concerto

COMIDA e BEBIDA
Desde Amigas da Terra queremos facervos un mimiño e convidaremos a empanadas veganas e vexetas, tortillas, chourizos, bica e castañas. Para beber levaremos viño, gaseosa e auga.

Si vos apetece levar algo para partillar co resto será benvido, e si podedes traer as vosas cuncs e vasos mellor que mellor

TRANSPORTE
A xente que veña dende fóra de Ourense terá axuda para o transporte si así o solicita

Saúdos e a por outros 25 anos !!!

Leave A Comment

Go to Top