Legal e Verde

Cargando eventos

xustiza

A asesoría xurídica de Amigos da Terra está en Vigo esta semana.


O medio ambiente é un ben común e colectivo, cunha gran fraxilidade e difícil reparabilidade, que esixe a intervención de todos e todas para a súa conservación. Trátase por elo dun sector especialmente sensible á necesidade e valor da participación social. A sociedade atopa nos problemas ambientais ameazas serias para a súa saúde e a súa supervivencia asumindo a posibilidade de introducir reformas ou cambios institucionais capaces de enfrontar os devanditos riscos.

 

Queres asesorarte sobre como facer unha denuncia ambiental, cando e onde presentala e que repercusións terá? Queres aprender a facer alegacións para poder opinar sobre os proxectos das administracións?

 

Achégate ao local de Amigos da Terra – Agareso en Policarpo Sanz, 17, 1º D en Vigo e contarémosvos como protexer o medio ambiente dun xeito efectivo e gratuíto!

 

Como contactar:

xuridico@amigasdaterra.net e no 986.125.171

Horario: de 8.30 a 14.30 e de 16.30 a 19.30h (excepto mércores e venres pola tarde)

Leave A Comment

Go to Top