III Seminario Internacional pola Abolición da Tauromaquia

Cargando eventos

3SAT

Galicia, Mellor Sen Touradas, plataforma da que forma parte Amigos da Terra, e CAS-International convidan ao III Seminario Internacional pola Abolición da Tauromaquia, que terá lugar os dias 9 e 10 de Xullo no Pazo de Exposicións Kiosko Alfonso da Coruña, nos xardíns de Méndez Nuñéz, e con entrada aberta e gratuita, e horario de 16:00 a 21:00 horas.

Durante os dous días que dura o congreso, ofreceremos diferentes relatorios con:

Mercedes Cano Herrera, profesora de Antropoloxía da Universidad de Valladolid e poñente durante o debate da ILP abolicionista no Parlament de Catalunya.

Helena Escoda, licenciada en Historia, experta en simboloxía do touro e membro da Comisión Promotora da ILP catalana contra a tauromaquia

Julio Ortega Fraile, activista animalista e autor do blogue Fin del Maltrato Animal

Raül Romeva i Rueda, eurodeputado do grupo Verdes/Alianza Libre Europea e vicepresidente dos Verdes no Parlamento Europeo.

Marius Kolff, director de CAS-International, a maior organización abolicionista de Europa, e co fundadora da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas

Tamén se ofrecerá a proxección de:

“Animal”, o documental

“Billy debe ganar” da serie “Vipo, las aventuras del perro volador”

E por último unha mesa redonda cos partidos con representación no Parlamento de Galicia: PPdeG, PSdG-PSOE e BNG.

Leave A Comment

Go to Top