II Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento

Cargando eventos

Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios(AGARESO),organizan o II Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, que terá lugar os vindeiros 23 de abril no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas (Ourense).

O curso, dirixido a membros de ONGD e profesionais dos medios de comunicación, pretende dar un paso máis na mellora das relacións entre os dous actores, ofrecendo novas ferramentas ás ONGD para que poidan mellorar as mensaxes que lanzan dende as súas organizacións, e converténdose ao mesmo tempo, nun espazo de reflexión para analizar as oportunidades e retos que ofrece a comunicación social á hora de acadar unha sociedade máis xusta e solidaria.

Estas xornadas, subvencionadas pola Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega, son gratuítas para os asistentes. Non se inclúe o desprazamento.


Aquí podedes ver o programa do curso.

Leave A Comment

Go to Top