dende Amigos da Terra convidámoste a un interesante obradoiro sobre educación alternativa..
Por que? contan que alguén viu unha vez nunha escoliña do Mobemento dos Traballadores sen Terra de Brasil esta interesante frase que resume moi ben o que queremos
“Cremos nunha escola que esperte os soños da nosa mocidade, que cultive a solidariedade, a esperanza e o desexo de aprender, ensinar e transformar o mundo”
Que? Este é un enfoque que entende a educación como un proceso participativo e transformador, no que o aprendizaxe se basea na experiencia práctica das propias persoas e grupos.
Como? Pois como non podía ser doutro xeito, a través de dinámicas, xogos e outras técnicas participativas intentaremos descubrir que é iso da educación popular.
Cando? o domingo 23 as 18:30 horas
Onde? Moi preto da Estación de San Francisco en Ourense, concretamente en Peña Trevinca, 32, Ourense


Leave A Comment