
O próximo 27 de setembro celébrase a Folga Mundial polo Clima. Unha folga que ten como obxectivo esixir aos gobernos medidas efectivas ante a emerxencia climática. Esta crise climática é o maior reto ao que se enfronta a humanidade e, por este motivo e co fin de dar resposta á magnitude do problema, a sociedade está a coordinarse a nivel mundial. Durante a semana do 20 ao 27 de setembro terán lugar numerosas accións en diferentes cidades galegas, que culminarán en mobilizacións masivas en todo o mundo o 27 de setembro.
Nesta ligazón>> tes acceso ao manifesto, ó programa de actividades en distintas cidades galegas así como ás manifestacións que se van confirmando.

Leave A Comment