Festival Entreculturas Marín

Cargando eventos

Amigos da Terra participará esta fin de semana no Festival Entreculturas de Marín que da comezo mañá día 8 nesta vila pontevedresa. Serán catro días dedicados a fomentar a integración, a diversidade e a interculturalidade a través dunha pequena mostra da cultura dos diferentes continentes.

Nesta ocasión, Amigos da Terra participa o domingo por partida dobre, pola mañá sobre as 13 horas, cunha exhibición do perfecto funcionamento do forno solar e xa pola tarde, ás 18 horas, cun obradoiro de compostaxe no que repartiremos compost feito en Marín.

Así mesmo, faremos difusión dos programas que estamos a levar a cabo coa Concellería de Medio Ambiente de Marín.

Leave A Comment

Go to Top