Faladoiro Comunidades Enerxéticas

Cargando eventos

Gustaríache deixar de depender dun oligopolio enerxético que nos estafa? Queres pagar un prezo xusto pola electricidade? Outro modelo enerxético é posible e ti podes contribuir a poñelo en marcha.

A enerxía comunitaria é unha alternativa democrática, sostible e descentralizada, imprescincible para unha transición enerxética xusta social e ambientalmente. Desde a aprobación da nova lexislación europea para a enerxía comunitaria renovable a finais de 2018, a revolución enerxética está a gañar forza en toda Europa.

Para reflexionar xuntas sobre este tema, e en colaboración coa Asociación Veciñal San Breixo de Seixalbo,  dende Amigas da Terra organizamos un faladoiro no que contaremos coa participación de Fernando Malvar, da Cooperativa Enerxética de Buchabade e de Xosé Manuel Vilas, asesor de proxectos de comunidades enerxéticas.

Non o perdas!

Enerxía por e para as persoas!!!

Soberanía Enerxética Xa!!!!

 

Xoves 15 de setembro, ás 20:30 h

Local Asociación Veciñal San Breixo

Seixalbo, Ourense (localización >>>)

 

 

 

 

Leave A Comment

Go to Top