Exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un mundo sostible” no Pazo Torrado en Cambados

Cargando eventos

Dende o próximo 18 de novembro ata o 7 de xaneiro de 2012, o Pazo Torrado en Cambados acollerá a exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, organizada por Amigos da Terra e AGARESO.

En setembro de 2009, membros de AGARESO tiveron a oportunidade de visitar os proxectos que Amigos da Terra desenvolve no Golfo de Fonseca, e entrevistarse cas cooperativas de pescadores artesanais, con responsables da empresas galegas que contan con instalacións en O Salvador, institucións locais, cooperativas de mulleres e as contrapartes de Amigos da Terra.

Recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos, como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

Leave A Comment

Go to Top