Exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un mundo sostible” no Fórum Metropolitano de A Coruña

Cargando eventos

Dende o próximo 2 ata o 12 de novembro, o Fórum Metropolitano de A Coruña acollerá a exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, organizada por Amigos da Terra e AGARESO. Así mesmo, o día 3, proxectarase o documental feito por AGARESO sobre este proxecto e premiado recentemente pola Fundación Biodiversidade.

En setembro de 2009, membros de AGARESO tiveron a oportunidade de visitar os proxectos que Amigos da Terra desenvolve no Golfo de Fonseca, e entrevistarse cas cooperativas de pescadores artesanais, con responsables da empresas galegas que contan con instalacións en O Salvador, institucións locais, cooperativas de mulleres e as contrapartes de Amigos da Terra.

Recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos, como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

Leave A Comment

Go to Top