
Entre o 13 e o 31 de maio, na Casa das Campás en Pontevedra, convidámosvos a visitar a exposición
Dereito á enerxía: sen deixar a ninguén atrás
A través dunha serie de fotografías e entrevistas capturadas en distintos países, este proxecto ten como obxectivo principal visibilizar a loita contra a pobreza enerxética. Estas pezas son o resultado dunha colaboración entre Friends of the Earth Europe, Amigos de la Tierra, Amigas da Terra e diversos colectivos activistas comprometidos coa causa da enerxía.
Cada imaxe conta unha historia de organización social, movementos sociais e construción comunitaria na batalla por un acceso xusto e sostible á enerxía. Non é só un testemuño visual, senón tamén un chamado á acción.
Ao expoñer as realidades da pobreza enerxética e destacar as solucións baseadas na comunidade, esta exposición ínstanos a unirnos, a colaborar e a traballar xuntas para construír un futuro enerxético máis equitativo e sostible para todas. É un recordatorio de que, a través da acción colectiva e o activismo, podemos lograr un cambio significativo nas nosas comunidades e no mundo en xeral.
Porque unírmonos e traballar xuntes é necesario para construir un futuro enerxético equitativo e sostible!

Leave A Comment