Espazo de Comercio Xusto e Economía Solidaria

Cargando eventos

Este sábado 2 de xuño Amigos da Terra participará no Espazo de Comercio Xusto e Economía Solidaria que a Coordinadora Galega de Ongd, a Rede Social Galicia Sur e a Campaña Impórtanos organizan en Vigo. Será dentro da “Festa da Alegría”, na peonil do Calvario.

Achégate a coñecer todas as propostas e alternativas de consumo sobre as que informaremos diversas ONGDs, cooperativas locais e outras entidades sociais da contorna. Banca ética, alimentación sustentable, moda sostible, enerxía limpa… Ademais de postos informativos, realizaremos un programa de radio en directo (13:00h) e un desfile de moda sostible (18:00h).

Das 10:30 ás 19:00 fronte ao Mercado do Calvario, en Vigo.

Leave A Comment

Go to Top