Eliminacion invasoras (Melón – Ourense)

Cargando eventos

Xunto ao grupo Scouts Ilex 695 de Ourense teremos unha xornada de eliminación de especies invasoras (eucalipto e acacia/mimosa) nos montes de O Tourón, Melón.

A actividade desenvolverase de 11:00 a 13:30 horas (aproximadamente) tendo a posibilidade de quedarse a xantar nas pozas.

Podedes achegarvos directamente ao Tourón ou ir dende Ourense (xa que haberá bus colectivo que sairá ás 10:30 ou coches particulares)

Dadas as actuais circunstancias sanitarias  é imprescindible inscribirse para esta acción concreta no seguinte formulario >> [1]

Para poder coordinar a actividade o formulario pecharase o venres 21 ao mediodía, e unha vez saibamos quen pode ir e como, se vos contactará para coordinar os desprazamentos e a actividade.

https://forms.gle/CewCv6T9NG5p52TJ9

Leave A Comment

Go to Top