Ecovixías: as Fragas do Eume

Cargando eventos

?70809_ruta_serrasanmamede

Con motivo da celebración do Día da Terra, dende Amigos da Terra imos organizar para a fin de semana do sábado 24 e domingo 25 de abril, dúas actividades.

O domingo 25 de abril imos facer unha saída de Ecovixías para ver o Parque Natural das Fragas do Eume, polo cal faríamos unha visita guiada, camiñando polas ribeiras do río Eume e visitando o Mosteiro de Caaveiro e un Museo etnográfico.

Saída: Domingo 25 ás 10:00h. do Centro de Visitantes do Parque das Fragas do Eume, na estrada de Pontedeume a Caaveiro, pasando por Ombre km5.

Regreso: Domingo ás 19:00h.

Ademais, durante a tarde do sábado 24 dende as 17:00 ás 19:00 horas, participaremos xunto con outras asociacións ecoloxistas nunha “Andaina polo Clima” de 2km en Cerceda (A Coruña) baixo o lema “O clima non está á venda”, que consiste nunha marcha pacífica e reivindicativa entre a central térmica de Meirama e a incineradora de SOGAMA, para rexeitar as falsas solucións ao cambio climático como a enerxía nuclear ou os agrocombustibles insustentables e defenderanse medidas como o peche das centrais térmicas de carbón e da incineradora de SOGAMA, a cal tamén vos invitamos a que participedes.

Para aquelas persoas que queirades vir xa o sábado pola tarde e participar na “Andaina polo Clima”, quedaríamos para saír ás 15:00 h. desde a explanada da comisaría de Policía en Ourense, para chegar a Cerceda ás 17:00 horas.

Despois de rematada a andaina e xa pola tarde do sábado, iríamos cara as Fragas do Eume onde quedaríamos a durmir nun albergue/cámping da zona e o domingo xa faríamos a saída de ecovixías dende o Centro de Visitantes do Parque das Fragas do Eume.

Que levar: Comida-picnic, roupa de abrigo ou chuvasqueiro, saco de durmir, e calzado cómodo.

Tamén é recomendable levar prismáticos, cámara de fotos, un caderno de notas e lapis.

Data límite inscrición: mércores 21 de abril (é necesario respectar esta data para que poidamos organizarnos nos coches que dispomos para ir).

Animádevos e apúntadevos!

Contacto con Amigos da Terra: 988 374318 (Ángel Dorrío) ou nos email:

voluntariado.galicia@amigasdaterra.net

info@amigasdaterra.net

Leave A Comment

Go to Top