Un ano máis a asociación portuguesa ecoloxista afincada en Porto, Campo Aberto, conta con Amigos da Terra, para coñecer o noso país. Este ano, dentro do seu ciclo de visitas adicadas a Cidades Fluviais do Noroeste, achegaranse ata o río Limia, o Arnoia e o Miño, nunha xornada na que contaremos coa presenza do naturalista Alberto Rivero.
Así, pola mañá, visitaremos à antiga Lagoa de Antela, na zona de Xinzo de Limia, que é ainda hoxe unha das zonas húmidas máis interesantes de Galicia desde o punto de vista ornitolóxico. Constitúe unha ZEPA, Zona Especial de Protección Ambiental. Outrora unha das zonas húmidas máis extensas da Península Ibérica, foi drenada nos anos 1950 e abranguía terreos situados nos concellos de Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.
Tras recuperar as forzas cun xantar colectivo na Arca de Noe, en Vilar de Santos, partiremos cara a vila de Allariz e visitaremos as riveiras do rio Arnoia.
Por último remataremos a xornada en Ourense, coñecendo as características máis salientables do río Miño e daremos a oportunidade ás benqueridas visitantes de aproveitar un baño nalgunha das numerosas zonas termais da cidade.

Leave A Comment