O venres 11 de marzo terá lugar no Cafe Itaca de Xinzo de Limia a presentación do libro “Ecoloxía Política. Olladas desde Galicia”. Neste libro que se inclúen dous capítulos e colaboracións de Amigos da Terra. Un titulado “Facer política desde a bolsa do lixo. Cando ti cambias, todo cambia” de María Durán Beloso e outro baixo o título “Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible” de Xosé Santos Otero.
Ademais durante a presentación do libro realizarase unha exposición sobre a situación medio ambiental da bisbarra de A Limia e presentación das actividades de recuperación-restauración da Serra do Larouco.
Lugar Cafe ITACA rúa Otero Pedraio 4 – Xinzo de Limia


Leave A Comment