Día dos Humidais. Roteiro polo río Loña (Ourense)

Cargando eventos

Co gallo da conmemoración do 45 aniversario do Convenio Ramsar, Amigos da Terra celebra un ano máis o día dos humedais, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño, e o naturalista Alberto Rivero Saeta. Realizaremos unha saída polas ribeiras do Río Loña ao seu paso polo concello de Ourense, para o sábado 30 de xaneiro pola mañá.

Estableceranse dous puntos de encontro, dende a Aula de Natureza de Oira, sairemos ás 10:00 horas para ir ata o encoro de Cachamuiña onde empezaremos a actividade ás 10:30, ou ben querademos directamente as 10:30 no encoro de Cachamuiña. Dende aqui iremos de paseo, dunhas tres horas, polas ribeiras do río Loña.

No percorrido, e coa axuda inestimable de Alberto Rivero, aproveitaremos para coñecer un pouco mellor a flora e a fauna dos nosos ríos. Tamén faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación dos ecosistemas de ribeira que teremos a oportunidade de comparar.

Aconsellamos o uso de calzado cómodo e traer prismáticos e guías de aves, se dispoñendes deles.

Para máis información contactar con:

voluntariado.galicia@amigasdaterra.net
aulanatureza@ourense.es

diadoshumidais2016

Leave A Comment

Go to Top