
Ábrese o prazo para solicitar praza no curso de Mestría en Compostaxe na súa edición da Coruña en colaboración coa Deputación da Coruña.
Este é o terceiro dos seis cursos que Amigos da Terra España está organizando, 4 en Galicia e 2 na Comunidade de Madrid. Estes cursos realízanse grazas ao programa EmpleaVerde da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica co cofinanciamento do Fondo Social Europeo. En Galicia estes cursos contan coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Deputación da Coruña.
O curso empeza o día 20 de xullo e remata o 31 de xullo. Constará de 50h lectivas, 36 horas teóricas e 14 horas de visitas e prácticas, a desenvolver en horario de mañá e de tarde. Por mor das recomendacións sanitarias o curso desenvolverase de xeito online na súa parte teórica e presencial nas prácticas. Atoparás máis información seguindo este enlace.
O prazo de inscrición remata o vindeiro xoves 16 ás 23:59.
Para inscribirte deberás seguir as instrucións e cubrir o seguinte formulario de inscrición: GALEGO CASTELLANO
En total realizaranse 4 edicións en Galicia, consultar aquí.
Podes descargar o cartel aquí.
Acción gratuíta cofinanciada polo FSE Conseguir formación e un emprego de calidade






Leave A Comment