Concentración en Ourense: Pola defensa dos nosos Rios e Montes

Cargando eventos

120605cartaz_dia_MA_Ourense_axendaNo Día do Medio Ambiente, a Plataforma Rios Limpos, da que Amigos da Terra forma parte, convócavos a saír á rúa en Ourense. A situación de maltrato continuado ao que se están sometendo aos nosos ecosistemas, con verquidos continuados á maioría dos ríos da provincia e a queima constante dos nosos montes, todo elo agravado polo silencio vergonzante dos responsables políticos a todos os niveis: concellos, Deputación, Xunta, Estado; obríganos á cidadanía a actuar.

Se diante da desfeita medioambiental os nosos supostos representantes non teñen nin ideas nin iniciativas, nós non imos a calar.

Na Praza Maior de Ourense a partir das 19:30 reivindicaremos o noso dereito a ter ríos limpos e montes vivos na nosa terra, propómosvos participar nun acto reinvindicativo e lúdico, no que faremos unhas pequenas representacións  para visibilizar problemáticas dos nosos ecosistemas. Tamén contaremos con músicos de percusión e cantareiras para animar a acción e desfrutar coas persoas que se acheguen.

Se queredes colaborar coa organización da xornada enviade un correo a voluntariado.galicia@amigasdaterra.net ou chamade ao 988 374 318 preguntando por Raquel

Leave A Comment

Go to Top