
Queres facer voluntariado no estranxeiro?
Achégate a coñecer distintas experiencias do Servizo Voluntariado Europeo.
Mércores 16 as 18:30
Salón de Graos do Edificio de Ferro
Ourense
Amigos da Terra ten unha dilatada experiencia no programa de Servizo Europeo de Voluntariado xa que dende o ano 2000 leva participando neste tipo de programas, tendo no seu haber a acollida de 66 persoas voluntarias de distintas nacionalidades e o envío de 65 persoas nacionais a diferentes países do mundo enteiro, aínda que principalmente do entorno europeo.
A pesar das innumerables vantaxes que teñen este tipo de programas (coñecemento dunha nova realidade, estancia de balde, perfeccionamento dun idioma estranxeiro, adquisición de novas competencias e aumento da empregabilidade entre outras), sábese que son practicamente descoñecidos entre a mocidade. Polo tanto, Amigos da Terra en colaboración ca Universidade de Vigo e a asociación Xustinea levarán a cabo unha charla sobre voluntariado europeo para difundir este programa e animar a participar a xente nova nesta experiencia única. Para o cal, primeiramente realizarase unha pequena introdución sobre o SVE, os requisitos de participación, a duración, as actividades que se poden levar a cabo e as condicións de financiamento. Despois a través da testemuña de varias persoas voluntarias de diferentes países (Grecia, Francia, Gran Bretaña, Italia e Portugal) Amigos da Terra e Xustinea achegarán a súas vivencias como voluntarias e voluntarios. Tamén contaremos ca visión inversa, a de un ourensán que estivo varios meses o ano pasado en Polonia desenvolvendo un proxecto cultural.


Leave A Comment