
Dentro do curso de educación ambiental da Fundación Biodiversidade, Amigos da Terra é convidada a dar unha charla de dereito ambiental en Vigo.
A evolución e contido da normativa en materia de medio ambiente resulta a miúdo complexa para o seu manexo polos cidadáns e ás veces, para os propios xuristas pola linguaxe asociada e pola ardua labor que supón a tramitación das denuncias.
Amigos da Terra pretende simplificar este proceso mediante esta charla que ten como obxectivo principal o de dar información sobre como saber se unha situación está fora da normativa ambiental vixente e como formular unha denuncia ambiental, cando e onde presentala.

Leave A Comment