Un ano máis convidámos a todas as persoas socias a participar nas nosas próximas asembleas ordinaria e extraordinaria deste ano de Amigos da Terra, que se van a celebrar o sábado día 30 na cidade de Vigo, no local de Amigos da Terra na rúa Velázquez Moreno, 9, 2º.
Como resumo da proposta deste ano comentarvos que durante a mañá, a partir das 10:00h e ata mediodía, teremos a Asemblea Ordinaria, na que se presentarán as memorias de actividades e económica do ano 2015 e na que se proporán os plans de traballo e os orzamentos das áreas para o presente ano.
Pola tarde, a partir das 16:00h, convocámosvos a unha Asemblea Extraordinaria, convocatoria que xurdiu do desexo dalgunhas das socias de ampliar a definición da identidade de Amigos da Terra cos principios de ecofeminismo e de decrecemento, ademais de permitirnos xerar un espazo no que fortalecer as nosas alianzas estratéxicas a nivel internacional coñecendo, de man das súas protagonistas, o traballo da Marcha Mundial das Mulleres e da Vía Campesiña.
Lembrade que:
1. Se non podedes asistir pero queredes delegar o voso voto en alguén que si o faga, tedes que envíar unha solicitude a través do correo electrónico a info@amigasdaterra.net e se vos informará do procedemento.
2. Pregase confirmar asistencia ben sexa vía telefónica no 988374318 ou no correo electrónico info@amigasdaterra.net
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA – ORDE DO DIA
10.00 Apertura da Asemblea en primeira convocatoria
10.30 Apertura da Asemblea en segunda convocatoria
- Constitución da mesa da asemblea e verificación do quórum
- Explicación da dinámica a seguir para o desenvolvemento da asemblea
10.45 Lectura e aprobación da orde do día
10.50 Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral Ordinaria (última asemblea)
10.55 Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral Extraordinaria (última asemblea)
11:00 Aprobación da memoria de actividades 2015
11:00 Aprobación de altas e baixas das persoas socias
11:15 Presentación e aprobación do balance económico 2015 / orzamento 2016
12.00 Pausa-café
12.30 Debate e aprobación do plan de traballo de Recursos Naturais e Residuos
12.45 Debate e aprobación do plan de traballo de Clima e Enerxía
13.00 Debate e aprobación do plan de traballo de Agricultura e Alimentación
13.15 Debate e aprobación do plan de traballo de Xustiza Económica
13:30 Rogos e preguntas
14:00 Finalización da Asemblea Xeral Ordinaria
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA – ORDE DO DIA
16:00 Apertura da Asemblea en primeira convocatoria
16:30 Apertura da Asemblea en segunda convocatoria
- Constitución da mesa da asemblea e verificación do quórum
- Explicación da dinámica a seguir para o desenvolvemento da asemblea
16:45 Lectura e aprobación da orde do día
- Alianzas estratéxicas. Presentación do traballo actual da Marcha Mundial das Mulleres e Vía Campesina (da man de activistas destes movementos) e identificación de posibles colaboracións.
- Debate e aprobación, se procede, da asunción do “ecofeminismo” como parte da identidade de Amigos da Terra, e da defensa do “decrecemento” como fórmula para acadar a nosa misión.
- De ser necesario e, no caso de acadar algún acordo ao respecto, acordarase á redación posterior á Asemblea das modificacións pertinentes nos estatutos, co obxecto de aprobar formal e definitivamente estes cambios nunha Asemblea posterior.
17:00 Presentación de liñas de traballo da Marcha Mundial das Mulleres e Vía Campesina e coloquio
18:00 Rogos e preguntas
18:30 Finalización da Asemblea Xeral Extraordinaria de Amigos da Terra

Leave A Comment