Un espazo para reencontrarnos e construír en común!
Ás 9:30, en primeira convocatoria, abriremos a Asemblea Xeral Ordinaria na cal presentarase e aprobarase, si procede, a memoria e o balance económico do ano 2021 e os plans e orzamentos deste ano
Será a partires das 13:00h cando demos comezo a Asemblea Xeral Extraordinaria coa intención de aprobar o cambio de sede e de nome da organización, formalizar o Amigas da Terra que moitas levamos tempo usando, así como de debater e aprobar as propostas de contratación
Máis información >>>>
Nos encontros de pola mañá haberá posibilidade de participar de xeito virtual, para iso será preciso que confirmes a túa asistencia ben sexa vía telefónica no 988 37 43 18 ou no correo info@amigasdaterra.net antes do venres 10 de xuño ás 24:00h
Sobre as 15:00h xantaremos de picnic, partillando os manxares que cada persoa traia. Pola tarde, de xeito máis informal, partillaremos inquedanzas,risas e saberes e ademais teremos
ROTEIRO INTERPRETATIVO por COTORREDONDO
Faremos un pequeno roteiro para recoñer as principais especies autóctonas de árbores e aves da Area de Cotorredondo e no que inclúiremos un paseo pola beira do lago.


Leave A Comment