Nesta décimo novena edición e por primeira vez na feira, AFIGA(Asociación para o Fomento e Impulso da Artesanía en Galicia) e o conxunto de artesáns participantes na mostra quixeron apoiar a unha asociación sen ánimo de lucro da comunidade galega coa doazón de distintas obras de artesanía expostas na feira.
Amigos da Terra comprácese de ser a primeira asociación que recibe esta distinción. A venda das obras de artesanía cedidas polos participantes, contribuirá ao desenvolvemento dos programas ambientais da nosa entidade.
Deste xeito, na mostra contaremos cun posto informativo da asociación, con información da nosa entidade e dos proxectos e programas que levamos a cabo, así como a exposición e venda das obras de artesanía que nos doaron.

Leave A Comment