Acción de rexeneración forestal

Cargando eventos

Os traballos deste domingo pretenden estender as actuacións iniciadas o pasado domingo en 7 hectáreas ata as 12 dunha das fincas do comunal que está situada nunha das zonas máis afectadas polos lumes do pasado mes. Estas actuacións de recuperación están destinadas á retención do solo fronte a erosión que poidan sufrir debido as chuvias dos vindeiros meses e consistiran na dispersión de palla nas zonas que quedaron sen cobertura vexetal  xunto coa construción de barreiras a partir de restos vexetais en franxas perpendiculares á pendente nas zonas máis próximas a ríos e regatos, de xeito  se poida atenuar a contaminación por cinzas arrastradas pola auga de chuvia ata os cursos de auga.

Imprescindible apuntarse con anterioridade.

Leave A Comment

Go to Top