A montaña plántase, xornada de convivencia en Negueira de Muñiz

Cargando eventos

Este sábado 6 de maio a Plataforma Veciñal Stop Eólicos de Negueira de Muñiz organiza unha xornada de convivencia en torno á revalorización rural e natural na Praza do Concello de Negueira a partir das 10 da mañá.

Con catro palestras en torno ao patrimonio cultural e natural, así como de loitas e alternativas, tamén haberá espazo para as crianzas e para todo tipo de público con concertos, espectáculos de títeres e circo e un xantar popular.

Amigas da Terra participará na última palestra da xornada para falar de comunidades enerxéticas.

 

Leave A Comment

Go to Top