A Campaña “Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore”

Cargando eventos

Amigos da Terra xunto co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia e Voz Natura vai a levar a cabo, por undecimo ano consecutivo na cidade de Ourense, a campaña: “Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore”, que acadou o ano pasado unha participación de 236 persoas.

A iniciativa terá lugar entre os días 15 e 22 de xullo e tenta acadar un dobre obxectivo: mellorar a información dos cidadáns sobre a doazón de sangue, un xesto solidario indispensable para o correcto desenvolvemento do labor asistencial dos hospitais galegos, así como provocar unha especial sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente.

Durante os seis días nos que se desenvolverá esta iniciativa, voluntarios de “Amigos da Terra” distribuirán información sobre a doazón de sangue e ofrecerase aos doadores e doadoras a posibilidade de plantar unha árbore por cada doazón que se rexistre.

Leave A Comment

Go to Top