Xornadas “Temos Alternativa” da Coordinadora Eólica Así Non, para a construción colectiva dun modelo enerxético alternativo

Cargando eventos

A Coordinadora Eólica, Así Non, formada por máis de 200 colectivos,  plataformas e outras entidades galegas críticas co actual modelo eólico, organizan as primeiras xornadas divulgativas e formativas “Temos Alternativa”. As xornadas pretenden ser un encontro de toda a sociedade galega no que tecer un modelo enerxético alternativo ao espolio e especulación que rexe o actual modelo das macro-eléctricas, por terra e por mar, en conivencia coas administracións públicas.

Este foro de reflexión, que terá lugar os días 4 e 5 de febreiro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, contará con 30 palestras e 8 mesas redondas, nas que se exporán outras formas de entender e abordar a transición enerxética de Galiza e as alternativas ao actual modelo enerxético depredador.

Programa Xornadas TEMOS ALTERNATIVA (2)

Inscrición previa e xantar

Para poder participar nas xornadas “Temos Alternativa”, organizadas para a Coordinadora Eólica Así Non para os días 4 e 5 de febreiro, é preciso inscribirse previamente a través dun formulario online destinado a tal fin, ou chamando por teléfono ao 981 57 00 99, en horario de mañá.

Todas as charlas e mesas redondas celebraranse no Pazo da Cultura da cidade do Lérez, espazo cedido polo concello de Pontevedra para tal finalidade. As reservas para o xantar no Pazo da Cultura deberán formalizarse tamén a través do formulario de inscrición.

Formulario inscrición: https://forms.gle/e95SFUZfM7zqi1oU7

#eolicaasinon
#temosalternativa
#xornadastemosalternativa
#enerxiaxustaesustentabel
#enerxiaporeparaopobo

Leave A Comment

Go to Top