7ª xornada “Horta Ecolóxica Comunitaria” UVigo

Cargando eventos

Amigos da Terra, Oxfam-Intermón e a Universidade de Vigo poñen en marcha este proxecto piloto de horta comunitaria no campus Lagoas-Marcosende da UVigo.

CONTIDOS

Deseño e planificación da horta
Construción de bancais
Deseño e instalación de sistemas de regadío
Elaboración de compost e tipos de compostaxe
Creación de espazos para fauna útil
Creación dun viveiro de planteis
Plantación de aromáticas e outras plantas acompañantes de interese
Xestión de grupos e resolución de conflitos.

METODOLOXÍA

O curso será práctico en case toda a súa totalidade.Todos os contidos teóricos que se poidan tratar poderán ser postos na práctica no propio espazo da horta.

A idea que se pretende implantar é a de capacitar ao grupo para que sexa capaz de autoxestionar o espazo da horta.

Cada xornada se lle dará ao grupo unhas pautas a seguir ao longo de cada mes, con traballos e actividades que deberían desenvolver por eles mesmos na horta.

As xornadas dividiranse en tres bloques:

1. Resolución de dúbidas. Levarase a cabo unha avaliación dos traballos feitos polo grupo dende a última xornada e intentarase aclarar as dúbidas que puideran xurdir.
2. Desenvolvemento dunha actividade programada. En cada xornada se levará a cabo unha actividade englobada dentro do programa do curso, explicándolle ao grupo as diferentes posibilidades que teñen a hora de executala. Ábrese tamén a posibilidade de que o grupo demande unha actividade que eles consideren importantes desenvolver e que non estea contemplada dentro da propia programación.
3. Planificación do mes. Ao final de cada xornada dáselle o grupo unha lista de traballos que poden ir desenvolvendo por eles mesmos ata a seguinte xornada.

PROGRAMACIÓN DAS SESIÓNS

As sesións serán os luns de 17:00 a 20 h. no terreo da horta.
As dez sesións distribuiranse entre os meses de abril a outubro de 2016 de acordo cos participantes na horta nunha periodicidade aproximada de dúas sesións ao mes.

A distribución inicial das sesións será a seguinte:
25 de abril
2, 9 e 23 de maio
6 e 20 de xuño
11 de xullo
5 e 19 de setembro
3 de outubro

Leave A Comment

Go to Top