Angel Dorrío

About Angel Dorrío

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

O Consello Municipal de Medio Ambiente na cidade de Ourense á espera

Agardando trece anos polo Consello Municipal de Medio Ambiente na cidade de Ourense.

Dende Amigas da Terra vimos de presentar ante o rexistro do Concello de Ourense un escrito demandando a convocatoria da primeira reunión do Consello Municipal de Medio Ambiente.

Dende os últimos trece anos, ano 2012, vemos continuamente como as actuacións do concello de Ourense […]

By |2025-05-02T11:14:21+02:002 de Maio, 2025|Denuncias|Comentarios desactivados en O Consello Municipal de Medio Ambiente na cidade de Ourense á espera

230 organizacións europeas denuncian a UE está a ocultar información sobre os proxectos mineiros declarados estratéxicos

230 organizacións da sociedade civil de toda Europa, afectadas directa e individualmente por proxectos extractivos aos que a Comisión Europea lles acaba de outorgar o status de estratéxicos, denuncian a ocultación de información básica sobre estes proxectos.

A través dunha carta dirixida á presidenta Metsola e aos Grupos Políticos no Parlamento Europeo, as organizacións asinantes solicitan […]

By |2025-04-24T23:12:33+02:0024 de Abril, 2025|Novas de Recursos Naturais e Residuos|Comentarios desactivados en 230 organizacións europeas denuncian a UE está a ocultar información sobre os proxectos mineiros declarados estratéxicos

Por unha moratoria do eucalipto ata 2030

A cadea de valor da madeira reunida na Fundación Arume, conxuntamente con organizacións ecoloxistas, fundacións, comunidades de montes veciñais en man común e expertos do mundo académico asinaron unha declaración conxunta na que piden á Xunta de Galicia a ampliación da moratoria das plantacións de eucalipto ata 2030.

Todas organizacións asinantes mosan a súa preocupación polo […]

By |2025-04-23T15:52:31+02:0023 de Abril, 2025|Novas de Biodiversidade, Sen categorizar|Comentarios desactivados en Por unha moratoria do eucalipto ata 2030

A veciñanza do pobo das Conchas (Lobeira, Ourense) presenta unha demanda pioneira pola inactividade da Xunta e outros entes públicos fronte á contaminación gandeira

Un grupo de nove demandantes, incluíndo persoas e organizacións, entre as que se atopa a Federación de Consumidores e Usuarios CECU, co apoio de Amigas da Terra e ClientEarth, levou ás autoridades galegas ante a xustiza por permitir durante décadas a contaminación do encoro As Conchas (Ourense). A contaminación débese á cría intensiva de gando […]

By |2025-03-25T23:18:24+01:0026 de Marzo, 2025|Denuncias, Xurídico Ambiental|Comentarios desactivados en A veciñanza do pobo das Conchas (Lobeira, Ourense) presenta unha demanda pioneira pola inactividade da Xunta e outros entes públicos fronte á contaminación gandeira

Xornada de Reforestación en Monte dos Castros, Barbadás -Ourense

APRAZAMOS POR MOR DO MAL  TEMPO

 

O vindeiro sábado 22 de marzo con motivo da celebración do día da árbore, día Forestal mundial, dende Amigas da Terra e xunto co acompañamento do grupo Socut Ilex 695. levaremos a cabo  unha xornada de plantación e reforestación dunha zona incendiada na zona no Monte do Castros, […]

By |2025-03-21T11:09:19+01:0015 de Marzo, 2025|Actúa, Novas de Biodiversidade|Comentarios desactivados en Xornada de Reforestación en Monte dos Castros, Barbadás -Ourense
Go to Top