lince

Amigos da Terra leva anos procurando a dignificación da vida dos animais non humanos. O zoo vigués era unha lamentable mostra do interese que denotan as administracións públicas respecto ao coidado dos animais. Pero non só a administración é culpable senón tamén o é a omisión de denuncia e a ampla permisibilidade que presentan os cidadáns á hora de protexer o benestar dos animais.

Neste caso, as presións exercidas deron como resultado decretar o peche das instalacións do zoo de A Madroa que, non só levan anos sendo ilegais, senón que atentan directamente contra o benestar e coidado animal infrinxindo polo tanto, a normativa Zoos que regula como deberá xestionarse un centro destas características.

O concello de Vigo dispón dun mes para axeitar os agravios e incumprimentos á citada normativa. Incumprimentos que se veñen producindo de xeito atentatorio e reiterado dende fai moitos anos. A inspección da Unión Europea no 2007, cualificou os feitos de moi graves por varios incumprimentos legais, entre eles, a falta de programas de educación ambiental que xustifiquen a existencia de animais engaiolados e, por outro lado, o alarmante mal estado das instalacións e dos propios animais.

Ante a precaria situación do zoo, cabe concluir o desinterese institucional polos dereitos dos animais e ante a reiterada falta de sensibilización, cabe concluir o desinterese institucional por promover programas de concienciación entre cidadáns e, sobre todo, entre os máis pequenos.

Por que se permitiu a continuidade dunha situación alarmante e ilegal onde as vitimas directas son seres vivos?

Amigos da Terra avoga por técnicas metodolóxicas de educación ambiental sobre animais alternativas ao uso cruento de aqueles que son desprovistos do seu hábitat natural.

Máis información