
Medio Rural conveniou recentemente con Aproca (Asociación de propietarios rurais e produtores de caza de Galicia) e coa Federación Galega de Caza, a colaboración para alentar a actividade cinexética en Galicia, mentres que colectivos como Amigos da Terra que contan con proxectos indiscutibles de fomento do coñecemento e integración do rural, como o C.E.A. As Corcerizas, continuan sen ser recoñecidos pola Administración.
Ademais, o goberno galego financiou a elaboración e publicación dunha Guía: “A caza en Galicia 2009-2010” dirixida ao colectivo dos cazadores e onde mediante debuxos e pautas moi sinxelas, se instrúe a aqueles sobre a actividade cinexética.
A actividade cinexética dilúese a través da Orde de Vedas como unha actividade de mantemento e conservación do monte galego e esconde tras de sí, o denominado turismo cinexético cuio máximo expoñente atópase en dar morte á peza de caza. Trátase dunha actividade deportiva ou económica, segundo se prefira, que está normalmente envolta nunha gran polémica.
En efecto, parece ser unha actividade que xera renda e emprego, que mata animais silvestres, que se desenvolve nunha contorna natural supostamente con baixos índices socioeconómicos e que, con todo, historicamente foi unha actividade para o privilexio dunha minoría cuxo desenvolvemento xera un gran cruzamento de manifestacións entre defensores e detractores dela porque, salvo casos excepcionais, a caza culmina coa morte do animal e esta, ás veces, producida de xeito moi cruel.

A Coordinadora para a Protección da Fauna Salvaxe recentemente creada e da que forma parte Amigos da Terra, considera que a caza é a responsable da extinción de moitas especies e que en nome da economía deféndese a continuidade da caza, a instalación de mallas cinexéticas, a introdución de fauna cinexética alóctona e a morte de especies protexidas que os cazadores chaman alimañas.