O próximo 4 de Xuño tes unha cita introductoria coa autosuficiencia.
Gustaríache ter e coidar a túa propia masa nai para facer os teus propios pans sen ter que comprar fermentos químicos? ou que che parecería saber facer as túas propias barritas enerxéticas, crakers e galletas de almorzo?
Durante esta xornada aprenderemos a sacar proveito das castañas, landras e algarrobas e moeremos nosas propias fariñas.
Si es dos que pensa que deberiamos desenvolver os nosos propios recursos e habilidades para independizarnos das grandes empresas agrícolas, este é o teu curso.
- DATAS: Sábado 4 de Xuño
- HORARIOS: de 12:00h a 17:00h
- PREZO: O prezo é libre. En función das túas posibilidades e do que recibiches, estableces o que consideres que é xusto.
- INSCRICIÓNS: Para formalizar a túa inscrición deberás adiantar 10€ en concepto de reserva. Podes facelo tanto por transferencia bancaria ou en calquera das nosas oficinas de Ourense, Vigo ou nas Corcerizas.
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓNS: Mércores 1 de Xuño
+INFO: info@ascorcerizas.com / 988 302 403


Leave A Comment