
Mañá xoves 26 de marzo, votarase no pleno do Parlamento Europeo o Informe redactado pola eurodiputada verde danesa Margrete Auken sobre o “frenesí urbanizador” en España. O informe é tremendamente crítico co urbanismo masivo e a especulación inmobiliaria que están a esquilmar o medio ambiente .
Última hora: votos a favor do Informe, 349 (fronte a 110 en contra e 114 abstencións). Queda aprobado definitivamente, o Informe Auken.
Que di o Informe Auken?
- Conxelación de fondos
- Moratoria
- Revisión lexislativa
- Máis transparencia
É a culminación de máis de cinco anos de traballo dentro da institución europea empurrado por ducias de miles de persoas, de plataformas cidadás de denuncia, de grupos ecoloxistas como Amigos da Terra e de grupos de veciños afectados por todo o territorio español. Trátase de movementos e loitas locais en activa denuncia contra os abusos urbanísticos e de defensa da democracia municipal.
Se finalmente se chegase a aprobar o Informe Auken como é desexable, aínda que non teña efectos executivos inmediatos, o que é seguro é que se enviará unha clara mensaxe política e xurídica á sociedade e gobernos centrais, autonómicos e municipais, xa que fai unha chamada ás institucións españolas e ás europeas para que actúen con toda a súa forza e lexitimidade contra a barbarie urbanística que sufriu España durante os últimos anos, e que ademais resulta ser unha das causas principais da dura crise económica que sufrimos na actualidade. Se se aproba este informe, haberán de tomar boa nota do mesmo os concellos, os xulgados, os gobernantes, os lexisladores, e ata a mesma Comisión Europea e o Tribunal Europeo de Xustiza.
Podes consultar o Informe premendo aquí