A comisión do Parlamento Europeo aprobou esta mañá o Informe Auken pese ao intento dos eurodeputados do PP e do PSOE de poñer trabas ao mesmo.
O Informe Auken foi elaborado pola eurodiputada do grupo de Los Verdes, Magrete Auken, e arroxa ampla información sobre a situación urbanística no estado español criticando duramente o urbanismo neste país.
Ata o pasado 27 de xaneiro presentáronse emendas ao Informe. Fechado o prazo de presentación das mesmas, entre as que salientan as expostas polos representantes do PP e do PSOE en Europa que trataron de suavizar o informe, debatíase hoxe no Parlamento a aprobación ou non do texto.
Fontes da institución europea, comentaron que existían grandes sospeitas de que o Partido Popular e o PSOE “intentasen evitar un moratoria sobre o urbanismo en España”, deixando pois sen efecto o Informe. Pero con 23 votos a favor e soamente 11 en contra e unha abstención, o texto sae adiante e pasará agora ao pleno da Eurocámara quen valorará a súa aprobación definitiva o próximo mes de marzo.
Esta é a terceira vez que se expón o tema urbanístico no Parlamento, a partir de queixas dos cidadáns diante da Unión Europea. Unha das consecuencias da aprobación do texto será a suspensión das axudas da Unión Europea a España como non se trate de poñer solución aos problemas urbanísticos.
Amigos da Terra considera que é un novo toque de atención desde Bruxelas ao estado español.
Máis información aquí