VII Xornadas de Agroecoloxía en Ourense

Cargando eventos

Tras un parón de tres anos este ano retomamos a posta en marcha das VII Xornadas de Agroecoloxía de Ourense. Amigos da Terra, xunto cos colectivos A Galleira, Cineclub Padre Feijoo, Semente, Sustinea e Xurumelas. Entre o 3 e o 9 de abril teremos visitas a produtoras, palestras informativas, obradoiros, petiscadas e concertos, no cartel podedes ver o resumo de todas as actividades.

O día final destas xornadas ven cargado de actividades, así que ide anotando:

Ás 11:00h nas Burgas, as Silvardeiras nos convidan a realizar un “Paseo entre menciñeiras, coñecendo as herbas de ribeira” ata a Horta da Terra no barrio do Polvorín.

Ás 20:00h na Praza do Ferro será Xurumelxs o grupo que coordinará unha Acción de rúa contra o Glifosato

E, para celebrar o máis que probable éxito das xornadas e o X Aniversario de Semente, desde as 21:00h na Praza do Correxidor, unha peticada ecolóxica a prezos populares, cos que coller forzas para os concertos que comenzarán ás 22:00h no Auriense, sito na mesma praza, e que correrán a cargo dos grupos “Ukelería” e “O Sonoro Maxín” 

160403 09 VII Xornadas Agroecoloxia Ourense

Leave A Comment

Go to Top