VII Xornadas de Agroecoloxía en Ourense

Cargando eventos

Tras un parón de tres anos este ano retomamos a posta en marcha das VII Xornadas de Agroecoloxía de Ourense.

Amigos da Terra, xunto cos colectivos A Galleira, Cineclub Padre Feijoo, Semente, Sustinea e Xurumelas. Entre o 3 e o 9 de abril teremos visitas a produtoras, palestras informativas, obradoiros, petiscadas e concertos, no cartel podedes ver o resumo de todas as actividades.

Hoxe, entre as 18:00h e as 20:00h, as integrantes de Sustinea convídannos a participar nun Obradoiro de cociña e alimentación consciente e sustentable, no que poderán participar, previa inscrición (info@sustinea.org), ata 15 persoas facendo unha pequena achega de 9€.

160403 09 VII Xornadas Agroecoloxia Ourense

Leave A Comment

Go to Top