O vindeiro 2 de marzo, xuntarémonos para a plantación de 1000 árbores autóctonas nas proximidades de As Corcerizas!
Como lembraredes, a primavera pasada destacou a nosa colaboración no desenvolvemento da carreira Desafío Solidario 2012, un evento deportivo na que parte dos cartos acadados se destinarían á reforestación da Serra de San Mamede, zona moi afectada polos lumes.
Pois agora chega o momento de implicarnos e repoboar 1 hectárea enteira de terreo!
Dende Amigos da Terra propomos a maiores, unha vez rematada a plantación, facer un roteiro ata o alto da Serra para disfrutar da paisaxe invernal da montaña en boa compañía.
Se estades interesados/as en colaborar poñédevos en contacto coa asociación para concretar as cuestións organizativas:
Data: 2 de marzo
Lugar: Serra de San Mamede. Monte Comunal de Castro de Escuadro, proximidade de As Corcerizas.
Confirmación de asistencia e máis información en :
voluntariado.galicia@amigasdaterra.net
988 374 318
Fagamos da Serra de San Mamede un espazo cada día máis vivo!

Leave A Comment