Andaina-Roteiro interpretativo “Ourense-Fraga de Santa Comba-Penedo do Falán-A Conchada”

Cargando eventos

Percorrido.- 15 quilómetros

As Burgas – Ponte Vella – O Tinteiro – Outariz – Eirasvedras – A Conchada – Penedo do Falán – Santa Comba de Naves – Naves – Palmés – A Conchada -A Burata (Volta a Ourense no bus urbano)

Dificultade.- media baixa

Saída de As Burgas ás 09:30

Inscripción 5 €  – Telefono de contacto  639 817 175

A andaina-roteiro interpretativo ten como fin o dar a coñecer a fraga mellor conservada que hai no Concello de Ourense, nas súas máis de 500 hectáreas pódense observar ecosistemas forestais atlánticos e mediterráneos; árbores centenarias, grandes rochedos, corredoiras medievais, conxuntos etnográficos-culturais de gran valor, miradoiros da bocarribeira do Miño e de Ourense cidade, mosteiro de Santa Comba (fundado no ano 888)… Fraga e patrimonio cultural esquecido e en lamentable estado de abandono que precisa da súa posta en valor, conservación e protección.

Na Conchada remataremos a andaina visitando o Museo Etnográfico do Elias, con algo de comida e auga para coller folgos para o camiño de volta.

Xogo de orientación-pistas-comunicación, con agasallos ao remate do roteiro.

COLABORAN: AA.VV. de Palmés, Comunidade de Montes de Naves, AA.VV. San Miguel de Canedo, Anacos da Cidade, AA.VV. de San Breixo de Seixalbo, Concellerías de Participación Cidadá, Medio Ambiente, Mobilidade (Concello de Ourense), Verdegaia, Amigos da Terra. Colaboración especial dos veciños e veciñas de A Conchada

Leave A Comment

Go to Top