O vindeiro 14 de maio celébrase o Día Internacional do Comercio Xusto en seis cidades galegas (A Coruña, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) da man das ONGD que forman parte da Comisión de Comercio Xusto e Consumo Responsable da Coordinadora Galega de ONGD: A Cova da Terra, Amigos da Terra, Intermón Oxfam, Panxea, Taller de Solidaridad, e Solidaridade Internacional de Galicia.
Amigos da Terra participará en Vigo (Praza da Princesa) e en Ourense (Rúa Cruz Vermella, ao lado dos xardíns Padre Feixoo).
Haberá venda de produtos de comercio xusto, degustación, lectura do manifesto, música, obradoiros para nenos/as, animación na rúa, etc. Ademais, este ano contarase coa exposición As mulleres alimentan o mundo, co obxectivo de sensibilizar en torno a 3 eixes fundamentais: o comercio xusto/consumo responsable, a igualdade de xénero e a soberanía alimentaria.
O horario das actividades organizadas será de 11:00 a 20:30 horas e desenvolverase simultaneamente nas seis cidades anteriormente citadas.

Leave A Comment