Participación activa no borrador do PHMS

Cargando eventos

Desde o pasado 15 de decembro de 2010, durante un período de seis meses, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil someteu ao proceso de información e consulta pública o borrador do proxecto do Plan Hidrolóxico Miño – Sil 2010-2015, documentación que se pode consultar integramente na seguinte páxina http://www.chminosil.es/contenido.php?mod=0.

Así mesmo, desde a Confederación deben fomentar a participación dos axentes económicos, sociais e ambientais para promover unha xestión sustentable e racional dos recursos hídricos da Demarcación. É por iso que, de maneira simultánea e complementaria á consulta pública formal do Plan Hidrolóxico, estanse a organizar unha serie de reunións sectoriais para informar o contido do proxecto de Plan e debater as propostas.

1ª mesa sectorial de participación: o mércores 11 de maio, de 18.00 a 20.00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias do Campus Universitario da Universidade de Vigo na cidade de Ourense, co fin de favorecer a participación activa na elaboración do novo Plan Hidrolóxico da Demarcación.

Se queredes participar, facer aportacións ao borrador do plan ou asistir á reunión de participación activa este mércores poñédevos en contacto con xuridico@amigasdaterra.net

Leave A Comment

Go to Top