A asesoría xurídica de Amigos da Terra volve a estar en Vigo os días 9 e 10 de decembro.
Como a vez pasada, contamos coas vosas aportacións, opinións e demandas para que aqueles que precisedes un asesoramento personalizado, poidades atopar un oco neses días.
Desde como redactar a túa propia denuncia ambiental ata como pode un cidadán dirixirse ás instancias europeas ou como dar búsqueda a normas ambientais, son algúns dos aspectos que se tratan desde a asesoría que tamén anunciará a inminente creación da Plataforma PARTICIPACIONTIERRA onde todos aqueles interesados poderán acceder a un foro xurídico-ambiental onde obter resposta as súas dúbidas ou obter información xurídica sobre leis, denuncias, espazos de foto-denuncia…
Ademais, coa celebración o 10 de decembro do Día Internacional dos Dereitos dos Animais faranse distintas actividades: proxeccións de videos, charlas en Vigo, Pontevedra e Ourense.
Achégate ao local de Amigos da Terra – Agareso en Policarpo Sanz, 17, 1 D en Vigo!

Leave A Comment