Exposición “Golfo de Fonseca: A loita por un mundo sostible” en Lugo

Cargando eventos

O próximo luns 22 de novembro terá lugar na Escola de Imaxe e Son de Lugo a presentación da exposición e o documental “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, organizada en colaboración por Amigos da Terra e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).

Esta exposición reflexa a través de 30 instantáneas, as primeiras impresións e vivencias de cinco xornalistas durante a visita, o pasado mes de setembro, aos proxectos que Amigos da Terra desenvolve en temas de pesca artesanal sostible no Golfo de Fonseca, formado por Honduras, Nicaragua e O Salvador.

Así mesmo, e aproveitando que a exposición estará nun centro especializado en comunicación audiovisual, presentaremos tamén ese mesmo día o documental sobre o Golfo de Fonseca realizado polos membros de AGARESO.


Durante doce días, os compoñentes de AGARESO tiveron a oportunidade de entrevistarse cas cooperativas de pescadores artesanais, con responsables da empresa galegas que contan con instalacións en O Salvador, institucións locais, cooperativas de mulleres e as contrapartes de Amigos da Terra, recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos, como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 9.00 a 14.30 horas.

Leave A Comment

Go to Top