O Ateneo Ferrolán acolle dende o luns día 3 ata o vindeiro 30 de maio a exposición, “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, organizada por Amigos da Terra e AGARESO. Sala de exposicións da 1º planta.
Esta exposición reflexa a través de 30 instantáneas, as primeiras impresións e vivencias dun grupo de cinco xornalistas durante a visita, o pasado mes de setembro, aos proxectos que Amigos da Terra desenvolve en temas de pesca artesanal sostible no Golfo de Fonseca, formado por Honduras, Nicaragua e O Salvador.
Durante doce días, os compoñentes desta asociación tiveron a oportunidade de entrevistarse cas cooperativas de pescadores artesanais, con responsables da empresa galegas que contan con instalacións en O Salvador, institucións locais, cooperativas de mulleres e as contrapartes de Amigos da Terra, recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

Leave A Comment