Amigos da Terra presenta as XORNADAS ITINERANTES XURÍDICO-AMBIENTAIS: Vigo, Santiago de Compostela e Lugo.
Amigos da Terra anuncia a celebración dunhas xornadas prácticas sobre medio ambiente e legalidade: como protexer o medio ambiente coa lei na man.
Estas xornadas están pensadas para todos/as aqueles/as que non teñen coñecementos sobre lexislación e medio ambiente e para todos/as aqueles/as socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as ou achegados/as á asociación e sensibilizados coa protección do medio ambiente.
Como aplicar na vida cotiá de todos/as nós a lexislación ambiental sen pensar que o descoñecemento da linguaxe xurídica sexa unha traba para non interceder ante unha agresión ambiental.
Con estas xornadas convertirémonos en ecovixías e defenderemos o medio ambiente “coa lei na man”.
DATAS:
13 de novembro ás 13h. en Lugo
20 de novembro ás 19h. en Vigo
17 de novembro ás 16h. en Santiago de Compostela
LUGAR de CELEBRACIÓN:
Lugo – Facultade de Humanidades. Campus de Lugo
Vigo – Centro Cívico Casco Vello (Sala de Formación. Planta 2ª)
Santiago de Compostela – Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Sala B)
PROGRAMA:
Parte I
Nacemento do Dereito Ambiental. Lexislación
Parte II
Mecanismos de denuncia. Órganos administrativos competentes
Parte III
O Convenio de Aarhus. Nacemento da RADA- Rede de Avogados para a Defensa Ambiental.
Parte IV
Casos prácticos: infraccións administrativas, delitos ecolóxicos, alegacións, petición de información ambiental.
Inscrición de balde
Remate prazo inscrición: 13 de novembro
“A protección do medio ambiente dende o eido xurídico, é o resultado do arduo traballo que Amigos da Terra ven desenvolvendo dende os seus comezos. É importante saber que lexislación protexe o entorno ecolóxico e que medidas tomar ante unha infracción ou un delito ecolóxico”.
Interven activamente na protección do medio ambiente, esperámoste na xornada da túa localidade!
Apúntate xa no correo xuridico@amigasdaterra.net ou chamando ao 988.374.318 (Montse Valencia).
NOTA: O lugar de impartición, pode verse sometido a modificacións por causas alleas a Amigos da Terra. Notificarase o cambio de sala de ser o caso.

Leave A Comment