Amigos da Terra en colaboración ca Universidade de Vigo propón dúas sesións formativas no marco do cumio mundial do cambio climático (COP 21) que se celebrará en decembro en París.
A primeira destas formacións “Buscando o cambio en París. Activismo no cumio mundial do cambio climático” terá lugar este martes 20 de outubro ás 18:30 horas na Facultade de Ciencias do campus ourensán.
Durante esta sesión falarase sobre o concepto de activismo e ecoloxismo ambiental e o presidente de Amigos de la Tierra España, Víctor Barro, contaranos a súa experiencia en outros cumios ou actos reivindicativos. Reflexionarase sobre a actual política sobre cambio climático e as consecuencias e implicacións, tanto no norte como no sur, do novo acordo de limitación de emisións no cumio de Nacións Unidas sobre cambio climático, a COP París 2015.
Tamén traballaremos nunha choiva de ideas de accións de cara a Marcha polo Clima que terá lugar o día 29 de novembro, horas antes de que as/os líderes mundiais cheguen a París para asistir ao cumio climático.
Buscando o cambio en París. Activismo no cumio mundial do cambio climático (COP 21)
– Data: 20 de outubro
– Hora: 18:30
– Lugar: Aula B2 — Facultade de Ciencias (Ourense)
Para poder asistir as charlas será necesario inscribirse no correo electrónico, voluntariado.galicia@amigosdaterra.net.

Aqui tedes máis información sobre a Escola de Sustentabilidade.