
Amigos da Terra participa esta fin de semana no Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Vigo.
Amigos da Terra estará presente tamén esta fin de semana en Terractiva, Festival das Artes pola Biodiversidade en Arzúa, para pedir aos asistentes que actúen fronte ao cambio climático, dando o seu apoio á Campaña S.O.S. Clima.
En canto ao Encontro Internacional das Mulleres, este desenvolverase ao longo de toda a fin de semana en Vigo e situaranse as instalacións na Praza da Estrela (cerca do malecón).
Participamos coa colocación dun posto informativo: os transxénicos, o café de comercio xusto, a agricultura ecolóxica e o Centro As Corcerizas, son algúns dos temas dos que os asistentes se poderán informar no stand da asociación.
O sábado 18 ás 17h. Amigos da Terra interactúa co resto de ponentes para tratar o tema de “Soberanía Alimentaria”. Carpa 2 Debates e Proxeccións.
O domingo 19 ás 19.30 o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas presentará a charla “Mostrando realidades, espertando conciencias. Consumo responsable, enerxías renovables e bioconstrución”. Carpa 1 Colectivos.
Asemade o domingo 19 de outubro en Vigo, celebrarase unha Manifestación, con saida ás 12:30hs da Praza do Rei, que recorrerá ás rúas de Vigo, unindo os desexos chegados dos cinco continentes de CAMBIAR A VIDA DAS MULLERES PARA CAMBIAR O MUNDO, e CAMBIAR O MUNDO PARA CAMBIAR A VIDA DAS MULLERES.
Realizamos unha convocatoria á movilización masiva da sociedade galega, de apoio aos desexos e proxectos para a transformación social que aporta o Feminismo, concretado e organizado na Marcha Mundial das Mulleres.
Para ler o Programa picha aquí
Ti que estás a ler esta nova, xa non tes a excusa da desinformación. Contribúe coa túa presenza, participando nos diferentes debates Para mudar o mundo.