Amigos da Terra estará presente no Terractiva, Festival das Artes pola Biodiversidade en Arzúa, os días 18 e 19 de Outubro para pedir aos asistentes que actúen fronte ao cambio climático, dando o seu apoio á Campaña S.O.S. Clima.
S.O.S. Clima é parte da campaña de cambio climático de Amigos da Terra Europa The Big Ask, que ten por obxectivo conseguir que a Unión Europea e os países membros neste caso España, comprométase a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 30% en 2020 e un 90% en 2050.
A campaña arrancou en Galicia o pasado 22 de Abril presentándose na capital galega. Na súa fase Actúa! a campaña percorre diferentes vilas e cidades recollendo postais e testimonios da cidadanía para facer chegar ao Presidente do Goberno para que apoie a creación da lei que regularice e faga cumprir o obxectivo do Protocolo de Quioto ano a ano.
As peticións que facemos son:
LEXISLACIÓN – Unha lei que faga posible cumprir o obxectivo de reducir as emisións ano a ano.
TRANSPARENCIA – A presentación dun informe anual sobre as accións emprendidas para cumprir os obxectivos.
COMPROMISO – Asumir as responsabilidades que fixe a lei en caso de non cumprimento.
A vantaxe de fixar obxectivos a curto prazo é que fai responsables aos políticos de hoxe do cumprimento deses obxectivos, o que lles obriga a actuar e lograr que se fagan realidade. O Clima está cambiando, é tempo de actuar!