Foto_subir_noticiaA mellor resposta dos concellos a nova suba de taxas de SOGAMA pasa pola compostaxe descentralizada e a reducción na producción de residuos inorgánicos. Indignarse non abonda, a xestión do lixo en Galicia pode mellorar, dos “edis” galegos tamén depende.

 O anuncio de SOGAMA de subir un 34 % a taxa do lixo non fai máis que confirmar o que vimos dicindo dende hai 15 anos. O modelo de incineración é insustentable a nivel ecolóxico, inviable a nivel económico e un sumidorio de recursos e enerxía sen fin. Unha estafa que se lle leva facendo a cidadanía galega dende hai décadas.

 

No marco da Semana Europea da Prevención de residuos que se celebra esta semana, Amigos da Terra quere lembrar o éxito dos programas de compostaxe que leva impulsando en Galicia na última década e invitar aos concellos galegos a seguir os pasos de Arzua, Piñor ou O Grove, entre outros, nos que a compostaxe pode aforrar cartos ao consistorio e polo tanto aos cidadáns.

 

Esta mesma semana, Amigos da Terra e o concello de O Grove comprometéronse a seguir compostando de cara a 2014. 100 novas familias participarán do proxecto no que o concello aforra o 50% da factura do lixo que tería que pagar por cada participante.

 

O exemplo de O Grove vai máis alá, xa que os veciños non verán aumentado o recibo coa subida de sogama  gracias a este tipo de iniciativas postas e marcha.


Amigos da Terra quere lembrar que as políticas de “residuo 0” son o camiño a seguir. O plan de residuos de Galicia impón unha reducción do 10% na producción de residuos en 2020. Así, vinculando a producción de lixo de cada familia co importe da factura que pagan, xunto con outras medidas, conseguiriase unha reducción moito maior xa en 2015, co conseguinte aforro para o contribuinte a para os consistorios.

 

Pola súa banda, Lalín ven de anunciar que terá que pagar 150.000 € máis debido a nova taxa en 2014. O concello podería implantar a compostaxe na práctica totalidade do territorio e obter así a autoxestión de entorno ao 40 % do total dos residuos. Que evitaría enviar a SOGAMA e que polo tanto aforraría. Supoñendo un aforro para os veciños e para o concello e obtendo un producto de alto valor agrícola, nunha comarca tan gandeira como a do Deza. E a mesma situación repítese no de Ourense, concello que podería reducir mais do 40% de todos os residuos orgánicos xerados en toda a periferia da cidade implantando esta mesma técnica.

 

É momento para que os edis se comprometan con unha xestión sustentable, xusta e rendible socialmente. Que minimece a producción e aproveite os recursos naturais que se convirten en lixo para un novo uso útil.