A mellor resposta dos concellos a nova suba de taxas de SOGAMA pasa pola compostaxe descentralizada e a reducción na producción de residuos inorgánicos. Indignarse non abonda, a xestión do lixo en Galicia pode mellorar, dos “edis” galegos tamén depende.
O anuncio de SOGAMA de subir un 34 % a taxa do lixo non fai máis que confirmar o que vimos dicindo dende hai 15 anos. O modelo de incineración é insustentable a nivel ecolóxico, inviable a nivel económico e un sumidorio de recursos e enerxía sen fin. Unha estafa que se lle leva facendo a cidadanía galega dende hai décadas.
No marco da Semana Europea da Prevención de residuos que se celebra esta semana, Amigos da Terra quere lembrar o éxito dos programas de compostaxe que leva impulsando en Galicia na última década e invitar aos concellos galegos a seguir os pasos de Arzua, Piñor ou O Grove, entre outros, nos que a compostaxe pode aforrar cartos ao consistorio e polo tanto aos cidadáns.
Esta mesma semana, Amigos da Terra e o concello de O Grove comprometéronse a seguir compostando de cara a 2014. 100 novas familias participarán do proxecto no que o concello aforra o 50% da factura do lixo que tería que pagar por cada participante.
O exemplo de O Grove vai máis alá, xa que os veciños non verán aumentado o recibo coa subida de sogama gracias a este tipo de iniciativas postas e marcha.
Amigos da Terra quere lembrar que as políticas de “residuo 0” son o camiño a seguir. O plan de residuos de Galicia impón unha reducción do 10% na producción de residuos en 2020. Así, vinculando a producción de lixo de cada familia co importe da factura que pagan, xunto con outras medidas, conseguiriase unha reducción moito maior xa en 2015, co conseguinte aforro para o contribuinte a para os consistorios.
Pola súa banda, Lalín ven de anunciar que terá que pagar 150.000 € máis debido a nova taxa en 2014. O concello podería implantar a compostaxe na práctica totalidade do territorio e obter así a autoxestión de entorno ao 40 % do total dos residuos. Que evitaría enviar a SOGAMA e que polo tanto aforraría. Supoñendo un aforro para os veciños e para o concello e obtendo un producto de alto valor agrícola, nunha comarca tan gandeira como a do Deza. E a mesma situación repítese no de Ourense, concello que podería reducir mais do 40% de todos os residuos orgánicos xerados en toda a periferia da cidade implantando esta mesma técnica.
É momento para que os edis se comprometan con unha xestión sustentable, xusta e rendible socialmente. Que minimece a producción e aproveite os recursos naturais que se convirten en lixo para un novo uso útil.
hola amigos:
Ante todo feliz nadal, só un apoio con 4 letras, aínda que teño unha parte de empresario e na miña industria se consume moita enerxia electrica e fósil transformada “nos vehiculos”, e as veces non dubído en aforrar algo, tampouco non me preocupo, pero unha parte moi importante de aforro na miña enpresa, e o meu residuo industrial, ainda que é inerte, ten unha parte costosa considerable, mais que o consumo electrico mensual, así e que ao meu sector, non lle preocupa, pero vamos a base. O RESIDUO INDUSTRIAL, E O “ORGÁNICO” sen facer numeros, creo que costa mais que o consumo de enerxia, e incluso tratandoo ben axudaria o menor consumo de enerxías, que eu creo que esto e moito mais importante que a repercusión económica das subidas tarifarias, e a min ainda me supon un bo pico económico.
E MOI IMPORTANTE E INTERESANTE O RECICLAR –
SE OFENDIN A ALGUEN, QUE ME PERDOE.
GRACIAS-
Xoanfran